Prácticas en empresa e TFM

 

PRÁCTICAS EN EMPRESA

· Realizaranse en empresas, centros de investigación e institucións públicas e privadas coas que se estableza o correspondente convenio.

· Desenvolveranse baixo a supervisión dun titor académico e outro titor na empresa ou institución onde se realicen.

Obxectivos:

  • Identificar o contexto e entender os procesos que se abordan no seo e na contorna da empresa ou institución onde se desenvolve a práctica.
  • Diferenciar as distintas tarefas, desenvolver a capacidade de integrarse en equipos multidisciplinares e organizar o traballo encomendado.
  • Apreciar o valor da experiencia ligada á práctica e valorar as capacidades propias de adaptación, de achegar enfoques ou ideas orixinais e de ter un espírito crítico e positivo.

Actividades formativas:

  • Presenciais: 140 horas
  • Non presenciais10 horas (realización dunha memoria que recolla as actividades desenvolvidas na práctica)

Sistema de avaliación: 

  • Informe dos titores (25-75%)
  • Memoria de actividades (25-75%)

 


TRABALLO FIN DE MESTRADO (TFM)

· Pódese realizar ó longo de todo o 2º cuadrimestre

· Para o alumnado asignado a un itinerario, deberá desenrolar necesariamente contidos vinculados a dito itinerario.

· Deberá ser realizado de forma autónoma polo alumnado, aínda que sempre estará supervisado por un titor asignado pola Comisión Académica.

· Deberá ser presentado ante un tribunal, que será quen o avalíe. O devandito tribunal será designado pola Comisión Académica e actuará conforme á normativa existente na Universidade onde estea matriculado o alumnado.

Obxectivos: 

  • Identificar os elementos relevantes do tema proposto para o seu estudo e a metodoloxía adecuada para afrontar a análise.
  • Motivar a relevancia da análise proposta, manexar con solvencia os instrumentos e técnicas aplicables, organizar adecuadamente o traballo e sintetizar os resultados e conclusións obtidos.
  • Valorar as capacidades propias para a análise, apreciar a importancia de ter enfoques ou ideas orixinais e estimular o espírito crítico e positivo.

Actividades formativas:

  • Presenciais: 10 horas (titorías e presentación e defensa do TFM)
  • Non presenciais: 140 horas (realización do TFM)

Sistema de avaliación: 

  • Informe do titor (25-75%)
  • Presentación e defensa ante o tribunal (25-75%)